"MARTÍN CÓDAX" é un dos expositores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
Web:
http://www.martincodax.com/Bodegas Martín Códax, atópase situada xunto á histórica cidade de Cambados, en pleno corazón do Val do Salnés, berce do viño Albariño.
O seu nome, Martín Códax, fai referencia ao máis insigne poeta e trobador do medievo galego, o máis antigo de todo o cancionero galaico-portugués do que se conservan cantigas con notación musical orixinal. Ata os nosos días chegaron as súas fermosas composicións nas que se enxalza a amizade, o amor galante e o enmeigo do mar que baña as costas de Galicia.
Abril de 1.985 é a data en que se constitúe a Adega. Desde entón, para facer fronte ao proceso de expansión continua, o crecemento baseouse na selección de novas parcelas de produción en propiedade dos socios, plantación de viñedos propios da Sociedad Anónima e o establecemento de acordos de aprovisionamento a longo prazo con produtores independentes elixidos pola súa calidade de produto.
Pero o desenvolvemento da Compañía non se baseou unicamente na produción. A clave do éxito estivo sustentada na alta cualificación do equipo humano, a aposta pola innovación, os diversos proxectos de investigación e colaboración con Universidades e Institucións Científicas e o decidido enfoque de mercado.
Esta forma de entender o mundo do viño deu como resultado o máis extenso currículo de premios de Galicia e o recoñecemento unánime da crítica internacional.
A aposta pola cultura conformou a súa imaxe de empresa como catalizadora da tradición galega co "Premio de Poesía Martín Códax", o "Grupo de Música Antiga Martín Códax", a edición de música medieval e renacentista, a reconstrución de instrumentos medievais ou o patrocinio de grandes referentes da música tradicional como Milladoiro, Berrogüeto e Carlos Núñez. Martín Códax foi elixido como viño oficial en destacados acontecementos históricos como o " Centenario da Universidade de Santiago", "Ano Xacobeo", "Volta ao Mundo a Vela", etc.
O que se iniciou fai 20 anos como un reto converteuse nunha realidade con presenza en 40 países, situando a Adegas Martín Códax como emblema e punta de lanza dos viños galegos fóra das nosas fronteiras.
MARTÍN CÓDAX
Tipo de viño: branco
Tipo de uva: albariño, 100%
Grao alcohólic
o: 12º Vol
Fase visual: Posúe una atractiva cor amarela callosa, con tons semellantes aos do limón maduro. Resulta brillante e ten unhas lixeiras barbullas.
Fase Olfativa: Detaca pola súa especial intensidade e elegancia. O seu recendo hembra ás herbas frescas impregnadas de orbillo e ao perfume das mazás case maduras.
Fase Gustativa: Na boca apréciase unha fina agulla. Está dotado dunha complexidade de sabores en que se percibe a frescura da vegetación do val e a esencia do varietal.
É persistente, extenso e saboroso… un clásico.
MARTÍN CÓDAX LÍAS
Tipo de viño: Branco
Cepas: Monovarietal 100% Albariño
Rendemento: 54hl/ha
D:O: Rías Baixas
Fermentación: depósitos de aceiro inoxidable a 17ºc
Crianza: 12 meses de crianza sobre lías finas en aceiro inoxidable con 2 meses de batonage.
Gastronomía: pescados grasos, prebes suaves, carnes brancas, risotto, queixos semicurados.
Temperatura de servicio: 12ºC
Grao alcohólico: 3,2 % vol
Acidez total (exp. Tartárico): 6.20 g/l
PH: 3,35 g/l
Acidez volátil (exp. Acético): 0,3 g/l
Azucre residual: 2,6 g/l
Fase visual: Anarelo calloso intenso
Fase olfativa: intensidade aromática alta, con notas de froita moi madura de pera, mazá e melocotón branco, recordos de crianza sobre lías moi limpas (lévedo, panadería e vainillas)
Fase gustativa: entrada ampla en boca, lardado e con volume, con bo paso, longo e retrogusto e froitas, notas lácticas e panadería
OR
GANISTRUM
Tipo de viño: branco
Tipo de uva: albariño, 100%
Grao alcohólico: 12º Vol
Fase visual: Ten unha pálida cor amarela callosa con leves escintileos dourados.
Fase olfativa: Nariz de intensidade media con recendos complexos, en que se percibe unha carga froiteira importante mesturada cunhas delicadas notas de reducción, todo sobre un fondo lixeiramente torrado. Predominan as notas de verde vexetal.
Fase gustativa: Impresiona a súa elegancia na boca. Extenso na entrada, moi bes sostido polos torrados e a froita na evolución. Acedume integrada. Un viño que pide tempo para se abrir e se mostrar.
2 comentarios:
Hi, it's a very great blog.
I could tell how much efforts you've taken on it.
Keep doing
It is true. It is a great blog, there must be a few special hands behind.
Publicar un comentario