martes, 28 de abril de 2009

BODEGAS TERRAS GAUDA


"TERRAS GAUDA" é un dos expositores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: www.terrasgauda.com


Web: www.pittacum.com/

Viñedos e Bodegas Pittacum iniciou a súa traxectoria cunha idea clara: crear viños con personalidade, que, sen renunciar do carácter que lle imprime a variedade Mencía, a zona ou o clima, leven o selo das obras únicas.


Personalidade, regularidade e calidade son as tres palabras clave que definen o noso compromiso.

A calidade dun gran viño correspóndese inevitablemente cunha excelente materia prima. A produtividade e a idade do viñedo (50 a 80 anos) son factores decisivos para lograr este gran produto.


Os lugares de procedencia dispares en canto a chans, pendentes, orientacións, microclimas permítennos obter uvas de características moi diferenciadas. Cada unha delas son vinificadas por separado, para finalmente proceder á mestura nas porcentaxes que consideramos axeitadas.

Os seus viños son:
  • Pittacum barrica
Cor púrpura con reberete morado de capa alta e bágoa coloreada e densa.
Nariz en predomínana aromas de froita fresca e viva, recordos a guindas silvestres, herbas aromáticas e flores xunto a notas procedentes da súa crianza en barrica: cacaos e toffes e balsámicos.
En boca é carnoso, con volume. Presenta unha acidez equilibrada, é elegante e fresco. Viño harmonioso cun postgusto longo balsámico e froiteiro.


  • Pittacum aurea
Cor púrpura intensa con reberetes violáceos e capa alta.
Intenso e elegante en nariz. Complexo, onde os aromas de froitas vermellas e flores (violeta) se ensamblan coas notas de cacaos, torrefactos e toffes sobre un fondo mineral e balsámico.
En boca é potente, con grande estrutura e carnosidad. Moi saboroso e complexo con bo peso de froita. A súa acidez promete un futuro lonxevo.
Notas de cacao e regalicia en retronasal e un final de boca moi longo e persistente.



A historia da "A Rosaleira· remóntase a finais dos anos 30;fundada co nome de "Conservas Vexetais José Sánchez García" polo que fora Alcalde e Mestre do Rosal e aínda recordado hoxe polo seu carácter emprendedo.

A Rosaleira foi durante moitos anos a única fábrica de conservas vexetais de Galicia.

Naceu co propósito de conservar o doce de froitas que elaboraba de forma artesanal a muller de José Sánchez, e evolucionou á conserva vexetal a medida que o fundador, que controlaba exhaustivamente todo o proceso, aprobaba as diferentes colleitas que se ían produciendo.

No ano 67 tomouse a decisión de producir grelos en conserva; a xente do lugar considerouno unha excentricidade naquel momento; co paso do tempo, ao converterse na máis apreciada das suas conservas,demostrouse o acertado da decisión.

Actualmente, dispón dunha variada gama de conservas vexetais artesanais, como os seus recoñecidos grelos naturais, tomates ou mirabeles procesados mantendo o método tradicional dende as súas orixes.

0 comentarios:

Publicar un comentario