"DISGOBE" representará as
Adegas
Regina Viarum e
Altos de Torona no PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
Web:
www.disgobe.es
Web:
www.reginaviarum.es D O: Ribeira Sacra
SUBZONA: Amandi
VARIETAL: Tinto 100% mencía
CRIANZA: Non ten
VIÑEDOS PROPIOS: dispostos en bancais á aba de río Sil. Terreos "A Capitá", Porta de Doade" "Montefurado" e "Seoane", en pleno corazón da Ribeira Sacra, subzona de Amandi. Sober. Lugo.
ENÓLOGO: Gregory Pérez
PRODUCIÓN: 30.000 botellas
VITICULTURA HEROICA:
Dende o S. II a.C auténticos heroes do as abas do Sil cultivan cepas en condicións de terreo extremas (60º de inclinación do viñedo). Estas técnicas centenarias unidas á última tecnoloxía na elaboración do viño dan como resultado un viño único. O sacrificio ten outro sabor.
VINIFICACIÓN:
Selección de uva dende a viña e en mesa de selección. Utilización de neve carbónica durante o seu despalillado. Maceración durante 72 horas a moi baixa temperatura, logo fermetanción a temperatura controlada, con tres remontados diarios a un máximo de 28º para extraer toda a súa cor
e aroma.
VISTA:
Cor vermello picota de capa profunda moi cuberto. Con reflexo violáceo, limpo e brillante.
OLFACTO:
Veu sedutor con nariz varietal, intenso, limpo e afrutado. Con predominio de aromas de froitos vermellos con toques a regalicia. Minerais en nariz.
GUSTO:
En boca aveludo, carnoso e equilibrado. Corpo cálido e conxuntado. Aromas de froitas vermellas con postgusto amplo e duradeiro. Longo en vía retro nasal.
GASTRONOMÍA: carnes. caza, peixe, gastronomía galega.
TEMPERATURA DE SERVIZO: 17ºC
GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 13%
GRAO DE ACIDEZ: 5,5 gr/l
AZUCRE RESIDUAL: menor que 2
D O: Rias Baixas
SUBZONA: Val do Salnés
VARIETAL: 100% albariño
FERMENTACIÓN: Depósitos de
aceiro inoxidable, temperatura
controlada
CRIANZA: Non ten
VIÑEDOS: Subzona da Roseira
UN VIÑO CELESTIAL:
Este é un viño de alturas con resonancias místicas. ALBANTA. A nosa idea particular do paraíso transmítenos dende o S.XII a esencia da cultura vinícola dos monxes de Tui.
VINIFICACIÓN:
Moderno concepto de elaboración a partir de depósitos de especiais características aromáticas, seguindo un rigoroso proceso no que a fermentación alcohólica se detén antes da súa finalización, co obxecto de obter unha maior melosidad potenciando as espectaculares características propias do varietal.
VISTA:
Amarelo palloso con reflexos dourados verdosos, limpos e moi brillantes.
OLFACTO:
Nítidos aromas de froitas carnosas (piña ácida, albaricoques e melocotón) cun lixeiro fondo vexetal de fiuncho e madreselva. Sobresaen con enorme sutileza cítricos que confiren máis frescura ao viño.
GUSTO:
Impresiona a evolución do viño na boca. Melosidad na entrada onde o seu sabor queda ligado ao padal. Presenta acidez moi equilibrada que lle confire sensación de frescor cun vivo paso en boca lambeteiro e ben estruturado e un final moi persistente. En boca resalta a tipicidade do varietal e a súa harmonía.
GASTRONOMÍA: mariscos, pescados, aves, arroz, queixo fresco.
TEMPERATURA DE SERVIZO: 10-12ºC
GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 12,5%
GRAO DE ACIDEZ: 6.20
AZUCRE RESIDUAL: 2,20 gr/l
0 comentarios:
Publicar un comentario