Os organizadores resaltan a celebración do I Ponteviño Wine Meeting, un encontro de profesionais que constitúe a principal novidade deste ano
por VG - 20/04/2009
Unha oportunidade única para coñecer o mundo do viño da man de auténticos profesionais. Ese é o lema principal co que hoxe comezou a segunda edición das Xornadas Formativas sobre o viño, Ponteviño 2009. Un evento organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, Feprohos, en colaboración coa Asociación Galega de Sumilleres, Asagu, co que se pretende aportar novas ideas aos expertos, así como invitar a aquelas persoas con inquietude de descubrir as posibilidades do sector.
O acto inaugural, celebrado hoxe ás 17.30 horas no Hotel NH Palacio de Vigo, contou coa participación dos presidentes das entidades organizadoras Feprohos e Asagu, José Manuel Magaz Ledo e David Barco Araujo, respectivamente.
Igualmente, estiveron presentes o Tenente Alcalde de Vigo, Santiago Domínguez; o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez e o xornalista do MUNDO, Víctor da Serna. ...
Para vela noticia enteira só tedes que facer clic aquí.
0 comentarios:
Publicar un comentario