jueves, 23 de abril de 2009

BODEGA ROSALÍA DE CASTRO


"ROSALIA DE CASTRO" é un dos expositores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.


A adega Rosalía de Castro, unha cooperativa fundada en 2005, aglutina 456 socios que suman máis de 200 hectáreas de viñedo propio situado na zona do Val do Salnés e que forman a terceira cooperativa máis grande de Galicia.

A idade media dos viñedos é de 20 anos e están plantadas no tradicional sistema emparrado que se utiliza debido aos particulares característicos do terreo e o clima da zona de Rías Baixas.


Todas as cepas son da variedade Albariño que ten uns acios pequenos e delicados que se caracterizan pola alta calidade dos viños que producen. Os grans desta uva, miúdos e ovalados, teñen un tacto aveludo e untuoso e son moi apreciados pola gran potencia aromática que despregan nos seus viños.

Estas 200 hectáreas están repartidas en máis de 1.900 pequenas parcelas, características do minifundio galego, o que fai que grazas á súa diversidade en tamaño, tipos de chans, situación, etc., poidamos contar cun "coupage" desta variedade tan único.

A adega Rosalía de Castro naceu nas coñecidas tradicións vitivinícolas das Rías Baixas. Hoxe segue os pasos de Rosalía buscando a mellor expresión desta terra a través de viños ricos e gratificantes.


Web: www.rosaliadecastro.eu

FICHA TÉCNICA:

Variedade: elaborado 100% coa variedade Albariño procedente dos viñedos propios da adega.

Grados:12,5% vol.

Nota de cata:
Fase visual: atractiva cor palliza, brillante e con tons semellantes aos do limón.
Fase olfactiva: aroma potente con ricos matices afrontados a cítricos, pomelo, mazá verde e evocacións de herbas aromáticas de lavanda e feno. Grande elegancia.
Fase gustativa: potente, rico en matices de froita con notas complexas de herbas aromáticas. Moi saboroso e persistente, cunha grande elegancia.
Perfecto como acompañamento de ricas caldeiradas de peixe ou carne, grelladas de mariscos, empanadas, legumes, verduras, arroces ou sushi.

Temperatura de consumo: 10/12º C.

Web: www.pacolola.com

FICHA TÉCNICA
Variedade: 100% Albariño

Grados:12,5% vol.

Fermentado en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada.

Nota de cata:
Fase olfactiva: complexo nariz, destaca pola súa alta intensidade aromática. Notas moi finas de froita (cítricos, mazá verde) con matices herbáceos (alfábega) sobre un fondo floral. Cunha gran potencia aromática.
Fase gustativa: moi fresco, con corpo e un excelente paso en boca. Acidez viva que lle dá frescura, saboroso e amplo en aroma de boca e cun elegante carácter varietal que se mantén no postgusto.
Fase visual: limpo e moi brillante de cor amarela pallosa con fulgores verdosos.

Forma un Dúo Divino con aperitivos, sushi, pratos de pasta, pescados, arroces, carnes brancas, mariscos...


Temperatura de consumo: 10/12º C

0 comentarios:

Publicar un comentario