miércoles, 22 de abril de 2009

AGUAS DE MONDARIZ


"AGUAS DE MONDARIZ" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño09.

O 5 de Maio Alberto Cabada Avión, Director de Calidade e Medio Ambiente de Aguas de Mondariz Fuente del Val S.A. achegaranos O mundo das Augas dentro do curso de "Sumiller III" que terá lugar no Pazo los Escudos os días 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de Abril e 5, 6, 7 de Maio.

Web: www.aguasdemondariz.com

A historia de Mondariz xira entorno á explotación das súas augas mineiro medicinais; Existen interpretacións documentais que relacionan a Mondariz coa antiga vila romana de Búrbida e que os antigos moradores do Castelo do Sobroso coñecesen e utilizasen estas augas nunhas instalacións que foron destruídas na Batalla de Uclés.

O rexurdir das augas (no século XIX) débese, en primeira instancia, a D. Domingo Blanco Lage, médico mondarizano que observou como os seus veciños curaban as súas feridas dermatolóxicas usando estas augas, que posteriormente utilizou con fins terapéuticos no desenvolvemento da súa profesión.

Pero os anos de grande esplendor chegaron da man de D. Enrique Peinador Vela e a súa familia. No ano 1873 conséguese a Declaración de Utilidade Pública da auga e dende o ano 1877 envásase a auga mineral na planta de envasado (situada nese momento nun edificio anexo ao manancial).

0 comentarios:

Publicar un comentario