"RIBEIRO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. Pola mañá terá lugar unha cata a cegas destes viños.
Web:
www.ribeiro.esXunta de Galicia:
producto de calidadeCreaciónRecoñecida a denominación de orixe (DO) polo “Estatuto del Vino” en 1932. Posteriormente crease o Consello Regulador mediante Orde do 6 de decembro de 1956, sendo aprobado o primeiro Regulamento da DO Ribeiro e do seu consello regulador por Orde do 31 de xullo de 1957, do Ministerio de Agricultura (BOE 5.09.1957).
Zona amparada pola DO RibeiroA zona amparada para a produción de viño con denominación de orixe Ribeiro localízase ao oeste da provincia de Ourense, nos concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e Varón do concello de O Carballiño; as parroquias de Pazos, Albarellos, Laxas, Cameixas e Moldes do concello de Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes do concello de Ourense; os lugares de Puga, Igrexa de Puga, Olivar, as vilas de Feá, Celeiro e a parroquia de Alongos do concello de Toén; o lugar de Touza do concello de San Amaro.
Variedades de uva e tipos de viños da DO RibeiroA elaboración de viños protexidos farase exclusivamente con uvas das variedades seguintes:
- Viños brancos: Treixadura, Jeréz, Torrontés, Godello, Macabeo, Albilla, Loureira e Albariño.
- Viños tintos: Caiño, Garnacha, Ferrón, Sousón, Mencía, Tempranillo e Brancellao.
- Viños tostados brancos: Treixadura, Loureira, Torrontés, Godello e Albariño.
- Viños tostados tintos: Caiño, Ferrón, Sousón, Brancellao e Mencía.
0 comentarios:
Publicar un comentario