viernes, 24 de abril de 2009

BODEGAS LA VAL

"LA VAL" é un dos expositores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: www.bodegaslaval.com

Creada en 1985, Bodegas La Val é pioneira da Denominacion de Orixen Rias Baixas. O terreo denominado La Val, no municipio do Roseira, en San Miguel de Tabagon, a beiras do Rio Miño e moi próximo á desembocadura, plantada coas variedades Albariño, Loureiro e Treixadura, onde xa se elaboraba un viño de recoñecido prestixio na bisbarra, adquirida por D. José Limeres Guille, é o inicio da nosa andadura.

Alíi levántase o que era unha pequena pero moderna e ben equipada adega, onde comezamos a elaborar os primeiros viños que comercializamos no mercado nacional. A continuación, entroncada coa filosofía da Adega, e conscientes naquela epoca do potencial destes viños, o noso obxectivo foi a busca dos mellores terreos onde realizar novas plantacións.

O minifundio existente en Galicia non foi obstáculo para incorporar os terreos de Arantei (1985), Taboexa (1985), Xan Grande (1998) e Pesegueiro (2001). Este crecemento en plantacións convérteunos nunha das máis importantes Adegas en canto a elaboración propia, cumprindo a sua filosofía de que o viño nace na viña.

A Adega non esqueceu o seu desenvolvemento tecnolóxico dende o seu comezo, acometendo distintas ampliacións, e incorporando os últimos avances para a elaboración de viños brancos de calidade (despalilladoras, maceradores, prensas neumáticas, control de temperaturas de fermentación, etc.), o que os sitúa hoxe cunha capacidade de elaboración de 700.000 botellas.

A adega conta ademais cunha pequena destilaría onde, a partir dos bagazos obtidos, elaboran en alambiques de cobre augardente branca, de herbas e o licor café.

0 comentarios:

Publicar un comentario