de 17 a 19.30 horas os días 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 AbrilDocente:
Restaurante MARÍA BONITA:
- Avenida Hispanidad 83
- 362063 Vigo
- Telf.: 986 481 008
- Isabel Sánchez Atán: enóloga e experta formadora
21 de Abril
- Presentación
- Iniciación á cata
- Fases da cata
- Características organolépticas do viño
- Cata química
- Tres viños brancos modificados
- Tres viños tintos modificados
23 de Abril
- Explicación da elaboración de viños brancos
- Percepción de aromas de viños brancos
- Iniciación á cata de viños brancos. Cataranse tres viños de distintas denominacións de orixe para empezar a notar diferenzas segundo procedencia e tipoloxía de uva.
- (Durante a cata, farase constar o que é unha D.O., o porque das diferenzas organolépticas principalmente de viticultura e se comentará cada viño)
- Cataranse entre catro ou cinco viños brancos
- Comentaranse os viños e as características de cada zona de procedencia, uvas e viños.
- Cubriranse as fichas de catas e trazaranse unhas normas para distinguir viños de calidade, o seu envellecemento, os seus aromas ...
- Explicación da elaboración de viños tintos
- Percepción de aromas de tintos
- Cata de viños tintos; cataranse uns tres viños facendo énfase nas características das denominacións de procedencia, tipos de uvas e calidade do viño
- Os viños catados este primeiro día son principalmente novos e de diferente tipo de elaboración "viños de maceración carbónica"
- Cataranse entre catro ou cinco viños tintos
- Os viños serán de crianza con algún mozo de diferente denominación
- Cataranse entre catro ou cinco viños tintos de boa calidade, entre crianzas e reservas, de recoñecido prestixio. Aumentarase así os parámetros de percepción de calidade e outras características deste tipo de viños (graduación, buqué, color..etc)
- Proba de percepción nas que teranse que recoñecer aromas, sabores, cores percibidas en viños anteriores; algún repetido e outros con características moi definidas como para poder identificalos.
- Este día cataranse tres brancos e tres tintos con diferentes anadas, uvas e procedencias.
- Este último día dedicarase a recoñecer xenericamente a elaboración e identificación organoléptica doutro tipo de viños; xenerosos, doces e algún escumoso.
0 comentarios:
Publicar un comentario