martes, 7 de abril de 2009

VICTOR DE LA SERNA

"VICTOR DE LA SERNA" vai a estar presente na XORNADA INAUGURAL DE PONTEVIÑO, que se celebrará o Luns 20 de Abril no Hotel NH Palacio de Vigo. A súa ponencia comezará sobre as as 17.45 horas.

Victor de la Serna (Madrid, 1947) é adxunto á Dirección do El Mundo, cronista de gastronomía e viños e tamén viticultor e bodegueiro. Está casado e ten tres fillos.

Pasou a maior parte da súa infancia e a súa xuventude en Suíza e Estados Unidos. Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid e obtivo un máster na Escola de Periodismo da Universidade de Columbia en Nueva York. Pertenceu ás redaccións dos diarios Informaciones (1968-79), El País (1986-88) e El Mundo (1989 á actualidade), foi membro do consello editorial de Diario 16 (1988-89) e tamén traballou para a Asociación de Editores de Diarios Españoles (1979-86).

A partir de 1981 exerceu a crítica gastronómica ininterrompidamente en tres xornais nacionais e en 1992 empezou a escribir sobre viños para a principal revista especializada británica, Decanter. Recibiu dous Premios Nacionais de Gastronomía: ao labor xornalístico (1993) e á difusión dos viños españois no mundo (2003). Dirixe o sitio de internet dedicado ao viño do diario El Mundo, elmundovino.com.

A partir de 1998 creou unha pequena explotación vitivinícola na Manchuela conquense, Finca Sandoval, plantando as viñas e construíndo unha adega cua primeira anada no mercado foi a de 2001. Os seus viños obtiveron as máis altas puntuacións nas publicacións españolas e estranxeiras (guía Peñín e Sobremesa en España; La Revue du Vin de France, The Wine Advocate e Intenational Wine Cellar fóra dela). A sua Finca Sandoval Cuvée TNS 2004 recibiu a máis alta cualificación (96/100) atribuída por Robert M. Parker a ningún viño de mesa producido na metade sur de España.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Hombre Cultísimo

Publicar un comentario