miércoles, 8 de abril de 2009

Restaurante MARÍA BONITA


"MARÍA BONITA" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño09. Nas súas instalacións vai ter lugar o curso de "Cata de viños (Iniciación)" nos días 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de Abril [de 17 a 19.30 horas].


María Bonita
Avenida Hispanidad 83
36203 Vigo
Telf.: 986 481 008
"María Bonita" é un lugar que ten o encanto da fusión Galego-Mexicana que a fixo posible, dúas culturas versátiles e distintas que unen a súa forza para ofrecer unha proposta chea da súa esencia.

O ambiente elegante e entrañable, reflicte o espírito de Rosa, motor dun proxecto que ve a luz en Xuño de 2008, brindándolle a oportunidade de facer realidade "María Bonita".


A heteroxeneidade dos seus pratos, xurdidos da combinación de distintas tradicións e a súa perfecta maridaxe cos seus caldos máis selectos fai de "María Bonita" o ambiente idóneo para relaxarse en familia, para as celebracións máis íntimas ou os encontros profesionais.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Lo he visitado varias veces y merece la pena siempre repetir.

Publicar un comentario