lunes, 30 de marzo de 2009

SAÚDO DOS PRESIDENTES

0 comentarios


BODEGAS MARTÍN CÓDAX, S.A.

0 comentarios

"MARTÍN CÓDAX" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño. O vindeiro 22 de maio as 18 horas os participantes de Ponteviño Catas realizarán unha visita guiada á súa adega.
Web: http://www.martincodax.com/

Bodegas Martín Códax, atópase situada xunto á histórica cidade de Cambados, en pleno corazón do Val do Salnés, berce do viño Albariño.

O seu nome, Martín Códax, fai referencia ao máis insigne poeta e trobador do medievo galego, o máis antigo de todo o cancionero galaico-portugués do que se conservan cantigas con notación musical orixinal. Ata os nosos días chegaron as súas fermosas composicións nas que se enxalza a amizade, o amor galante e o enmeigo do mar que baña as costas de Galicia.

Abril de 1.985 é a data en que se constitúe a Adega. Desde entón, para facer fronte ao proceso de expansión continua, o crecemento baseouse na selección de novas parcelas de produción en propiedade dos socios, plantación de viñedos propios da Sociedad Anónima e o establecemento de acordos de aprovisionamento a longo prazo con produtores independentes elixidos pola súa calidade de produto.

Pero o desenvolvemento da Compañía non se baseou unicamente na produción. A clave do éxito estivo sustentada na alta cualificación do equipo humano, a aposta pola innovación, os diversos proxectos de investigación e colaboración con Universidades e Institucións Científicas e o decidido enfoque de mercado.

Esta forma de entender o mundo do viño deu como resultado o máis extenso currículo de premios de Galicia e o recoñecemento unánime da crítica internacional.

A aposta pola cultura conformou a súa imaxe de empresa como catalizadora da tradición galega co "Premio de Poesía Martín Códax", o "Grupo de Música Antiga Martín Códax", a edición de música medieval e renacentista, a reconstrución de instrumentos medievais ou o patrocinio de grandes referentes da música tradicional como Milladoiro, Berrogüeto e Carlos Núñez. Martín Códax foi elixido como viño oficial en destacados acontecementos históricos como o " Centenario da Universidade de Santiago", "Ano Xacobeo", "Volta ao Mundo a Vela", etc.
O que se iniciou fai 20 anos como un reto converteuse nunha realidade con presenza en 40 países, situando a Adegas Martín Códax como emblema e punta de lanza dos viños galegos fóra das nosas fronteiras.

C.R.D.O. " RIAS BAIXAS"

0 comentarios

"RIAS BAIXAS" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. De 15:30 a 16:30 terá lugar unha cata de viños brancos Albariños.
Web: http://www.doriasbaixas.com/

Xunta de Galicia: producto de calidade


Orixe e Calidade, o sinal de identidade do D.O Rías Baixas

O sector vitivinícola adquiriu nas últimas décadas un peso fundamental no desenvolvemento da economía das Rías Baixas galegas. Coñecidos en todo o mundo como albariños, a calidade e orixe dos viños desta rexión están amparados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Estes viños proceden das paraxes das Rías Baixas galegas, de clima suave e verdor permanente, que mesturan litorais bañados polas augas do Atlántico e vales acariciados por mansos ríos. Son viños con historia, cheos de tradición, que se elaboran a partir de variedades de uva autóctonas, destacando sobre todas elas a albariño. A traxectoria desta Denominación de Orixe converteuna nunha das maiores de España en canto a número de viticultores, con 6.582, e adegas, 204.

Na actualidade, a Denominación de Orixe Rías Baixas divídese en 5 subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla, situadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, e conta cunha superficie de 3.650 hectáreas, caracterizadas polo minifundismo propio da zona que se traduce nun total de 20.824 parcelas. A viticultura nesta denominación está caracterizada polo tradicional sistema de condución en emparrado e o moderno de espaleira. Dende a súa constitución este Consello Regulador apostou polas variedades de uva autóctonas como son o Albariño, Loureiro, Treixadura, Caíño, Espadeiro e Sousón, que proporcionan a estes viños unha tipicidade que os converte en diferentes. Os viños amparados polo regulamento deste Consello Regulador son Rías Baixas, Rías Baixas Albariño, Rías Baixas Rosal, Rías Baixas Condado, Rías Baixas Ribeira do Ulla, Rías Baixas Salnés, Rías Baixas Barrica e Rías Baixas Tinto.

O reto por elaborar os mellores viños converteu aos Rías Baixas nun símbolo de calidade e orixe. A súa consolidación nos mercados nacional e internacional foi froito do esforzo e cohesión dun sector novo e dinámico. A iso hai que engadirlle os numerosos premios e recoñecementos recollidos polas diferentes marcas de Rías Baixas durante os últimos anos.

O certo é que Robert Parker se fixou nesta denominación de orixe do noroeste de España e, a el tamén se sumaron importantes líderes de opinión a nivel internacional, como o prestixioso crítico Stephen Tanzer, que na revista Wine Cellar distinguiu 22 viños desta denominación puntuándoos por enriba dos 88 puntos. Tamén a revista Wine Spectator, unha das publicacións norteamericanas referentes no mundo do viño, incluíu unha marca de Rías Baixas na súa lista anual cos 100 Mellores Viños do Mundo. Só seis viños españois pasaron a formar parte deste Top 100 en 2008, cuxo resultado se elabora sobre a base da cata de máis de 19.500 viños de todo o mundo. Ademais, un viño desta DO situouse na cuarta posición na "Lista dos 8 deliciosos do ano", que elabora o Wall Street Journal. Finalmente, o New York Times publicaba sobre estes viños o pasado ano: "A constante popularidade do Albariño constitúe un tributo tanto para o atractivo fundamental destes viños brillantes que calman a sede, como para os astutos esforzos de mercadotecnia dos bodegueiros españois, que fixeron do Albariño o viño branco exclusivo da rexión galega de Rías Baixas, no Noroeste de España,".

O esforzo promocional realizado, tanto dende este Consello Regulador coma dende as diferentes adegas, vese reflectido na presenza destes viños no mercado. Accións como o patrocinio dos Premios da Prensa Internacional ou da National Gallery no Reino Unido; a campaña promocional de Estados Unidos, así como o programa de Educadores do Viño; os seminarios sobre os viños desta denominación de orixe en Suíza; a organización de presentacións dos seus viños pola xeografía española; a presentación da anada, que cada ano que se organiza de forma itinerante; a participación en feiras nacionais e internacionais e nestas últimas coa organización de comidas-maridaxes para prescriptores son só unha mostra da imaxe de viño branco de calidade que teñen os Rías Baixas no exterior.

INSCRICIÓN CURSOS PONTEVIÑO09

0 comentarios
POÑERÉMONOS EN CONTACTO TELEFÓNICAMENTE COAS PERSOAS SELECCIONADAS UNS DÍAS ANTES DO INICIO DO CURSO.

Para inscribirse nos cursos gratuitos de PONTEVIÑO09 debe cumplimentarse correctamente a ficha de inscripción e enviala mediante e-mail: formacion2@feprohos.org ou fax: 986 430 601.

FICHA DE INSCRIPCIÓN PARA TRABALLADORES OCUPADOS
FICHA DE INSCRIPCIÓN PARA DESEMPREGADOS
Se non tes o Adobe Reader instalado no teu ordenador, podes descarlo faciendo clic aquí.

CURSOS GRATUITOS PONTEVIÑO09

1 comentarios

miércoles, 25 de marzo de 2009

MARQUÉS DE VIZHOJA

0 comentarios

MARQUÉS DE VIZHOJA" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño. O xoves 14 de maio as 17:00 horas os participantes de Ponteviño Catas realizarán unha visita guiada á súa adega. Ademais, disfrutarán dunha cata comentada.


Web: www.marquesdevizhoja.com


A Bodega Marqués de Vizhoja é unha explotación familiar fundada en 1966 por Mariano Peláez quen por entón comeza a comercialización do viño Marqués de Vizhoja, viño de autor sen DO elaborado a través dun coupage único.

En 1975 a Bodega Marqués de Vizhoja adquire a Finca La Moreira e o seu Pazo de porte guerreiro, construído no século XVIII na zona fronteiriza que o curso do río Miño delimita entre España e Portugal, ao que pronto o rodeou unha alfombra de albariño, que hoxe se cifra xa en máis de 38 hectáreas.

Na década dos 80 viron a luz dous novos viños enmarcados na Denominación de Orixen Rías Baixas e elaborados exclusivamente coa uva procedente dos viñedos da Adega das variedades Albariño, Treixadura e Loureira.

Hoxe por hoxe, a empresa xa constituída en Grupo Marqués de Vizhoja é un referente no panorama vinícola galego, tanto pola súa longa tradición e dedicación ao sector coma polo constante esforzo realizado para impulsar a presenza do viño galego en todos os ámbitos da sociedade. Froito deste empeño foi a recente presentación da etiquetaxe en linguaxe braille do Torre La Moreira que converte a este viño no primeiro albariño que incorpora sistema de lectura táctil e o lanzamento ao mercado do novo produto da Adega, as Gotas do Marqués, augardente de orujo en monodosis de 5 mililitros.

C.R.I.X.P. "LACÓN GALLEGO"

0 comentarios

"LACÓN GALLEGO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: www.crlacongallego.com

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A I.X.P. “Lacón Gallego” protexe as extremidades dianteiras do gando porcino, tradicionalmente designadas con este nome, unha vez curadas.
Os lacóns protexibles procederán de porcos das razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e os seus cruzamentos entre si. Acéptase o cruzamento coas razas Branca Belga e Pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha proporción inferior ó 25%.

Orixe. Tanto a zona de produción como a de elaboración, abranguen toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

CATA DE CERVEXAS

0 comentarios

Dentro do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos, terá lugar de 19:00 a 20:00 unha cata de cervexas.

O programa que levará a cabo é o seguinte:

1. Introdución á historia, ingredientes, estilos e fabricación: 20 minutos.

2. Cata de 5 cervexas dos estilos máis represntativos integrando cada un na historia desta bebida: 40 minutos.
  • Pilsner Urquell (República Checa. Pils
  • Franziskaner (Alemania). Weissbier
  • Samuel Smith's Pale Ale (Reino Unido). Pale Ale
  • Leffe (Belgica). Abadía
  • Guinness (Irlanda). Stout
Para ir a súa páxina web sólo tes que facer clic aquí.

martes, 24 de marzo de 2009

CATA DE ACEITES

0 comentarios
Dentro do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos, terá lugar de 11:00 a 12:00 unha cata de aceites.

O programa que levará a cabo é o seguinte:

1. Sesión de media hora. O aceite de oliva, o gran descoñecido.
  • ¿Que é?. Orixe do Aceitie de oliva. Descrición breve de onde se obtén o noso produto e calidades da oliva.
  • ¿Como se obtén?. Proceso de recolección e obtención do aceite. Diferentes pasos na obtención do aceite, importancia de cada paso.
  • ¿Diferenzas?. Tipos de aceites de oliva. Explicación das diferenzas.
  • Cata dos diferentes aceites.
2. Sesión de media hora. Innovación da cociña: aceite en aerosol.
  • Exposición da gran variedade de aceites en aerosol que existen no mercado.
  • Diferentes sabores do aceite en aerosol: chocolate, fresa, laranxa, trufa, ...
  • Aplicacións na cociña.
  • Cata de diferentes aceites con sabores.
Para ir a súa páxina web sólo tes que facer clic aquí.

lunes, 23 de marzo de 2009

CATA DE QUEIXOS

1 comentarios
Dentro do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos, terá lugar de 13:00 a 14:00 unha cata de queixos.

A cata vai ser impartida por:
  • Mari Sé Mosteiro Zapata (C.R.D.O.P. Queixo Tetilla)
  • Ángel Ramil Castelo (C.R.D.O.P. San Simón da Costa)
  • Óscar Pérez Ramil (C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa)
Páxinas web :

miércoles, 18 de marzo de 2009

REVISTA BAR&BEER

0 comentarios

"BAR&BEER" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 18:30 a 19:30 horas terá lugar unha cata de cervexas.

Bar&Beer é unha publicación bimensual sobre o mundo da cervexa.
Os amantes deste producto non podedes deixar de visitar a súa web www.bar-beer.com.
A seguinte imaxen corresponde coa portada da última revista.

C.R.D.O.P. "SAN SIMÓN DA COSTA"

0 comentarios

"SAN SIMÓN DA COSTA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.


Web: http://www.sansimondacosta.com/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona e dos seus cruzamentos

Orixe. A zona de produción, tanto do leite como do queixo, atópase na provincia de Lugo e está constituída pola comarca da Terra Chá, que engloba os concellos de: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

C.R.D.O.P. "QUEIXO TETILLA"

0 comentarios

"QUEIXO TETILLA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.
Web: http://www.queixotetilla.org/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas rubia galega, frisona e pardo alpina.

Orixe. Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo Tetilla abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.

C.R.D.O.P. "CEBREIRO"

0 comentarios

"CEBREIRO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.


Web: http://www.cebreiro.es/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. “Cebreiro” ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona ou dos seus cruzamentos

Orixe. A área de produción, tanto do leite como do queixo, está situada na provincia de Lugo, na zona de entrada a Galiza pola principal ruta de peregrinación a Compostela, o Camiño francés. Abrangue os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela

C.R.D.O.P. "ARZÚA-ULLOA"

0 comentarios
"ARZÚA-ULLOA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.

Xunta de Galicia: producto de calidade.

Produto protexido. O queixo amparado pola D.O. Arzúa-Ulloa elabórase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas rubia galega, frisona, pardo-alpina e os seus cruzamentos.

Orixe. A zona de produción tanto do leite como dos queixos comprende os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada, máis outros limítrofes de xeito que a área delimitada se sitúa no corazón de Galiza.


Tódalas imaxes son propiedade do Consello Regulador Arzúa-Ulloa

C.R.I.X.P. "PAN DE CEA"

0 comentarios

O "O PAN DE CEA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: http://www.pandecea.org/

Xunta de Galicia: producto de calidade.

Produto protexido. A protección outorgada pola I.X.P. “Pan de Cea” corresponde á produción de pan elaborado no ámbito da zona protexida, nas instalacións inscritas no rexistro do consello regulador, empregando como materias primas exclusivamente fariña de trigo, auga, sal e fermento, debendo elaborarse segundo o proceso tradicional en fornos que reúnan as características típicas e específicas dos da zona.

Orixe. A zona de elaboración do pan amparado pola I.X.P. “Pan de Cea” é a que abrangue o termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense.Neste concello vense elaborando dende tempos moi remotos un pan dunha excepcional calidade, grazas á cal atinxiu unha notoriedade que transcendeu, con moito, das fronteiras da comarca en que se sitúa.

viernes, 13 de marzo de 2009

CONTACTA CON NÓS

0 comentarios

Se queredes participar ou falar con nós sobre este proxecto podedes facelo a través do correo e teléfono que vos poñemos a continuación:


Para inscribirse nos cursos que se realizan en PONTEVIÑO09 so tedes que ir a entrada de inscrición.

EL RINCÓN DEL ACEITE

0 comentarios
O "EL RINCÓN DEL ACEITE" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.


Web: www.elrincondelaceite.com

El Rincón del Aceite, un lugar para dar renda solta aos sentidos.

Un lugar onde o tradicional e o novidoso se unen para dar vida a un proxecto apaixonante, onde o aceite de oliva é o gran protagonista.

Non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de ser o teu guía no mundo do Sabor.

miércoles, 11 de marzo de 2009

PROGRAMA PONTEVIÑO09

0 comentarios
O programa que se expón a continuación non é o definitivo polo que, pode sufrir algunha modificación.