A cata vai ser impartida por:
- Mari Sé Mosteiro Zapata (C.R.D.O.P. Queixo Tetilla)
- Ángel Ramil Castelo (C.R.D.O.P. San Simón da Costa)
- Óscar Pérez Ramil (C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa)
Ponteviño naceu no 2008 como unhas xornadas formativas sobre o viño organizadas pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS).
Grazas á boa acollida do ano pasado temos o pracer de presentarvos a Ponteviño09. Onde volvemos apostar por unha programación composta por cata de viños, cursos de coctelería, reposteria e cociña (empregando en todos eles ou viño como ingrediente principal).
Se queredes participar ou falar con nós sobre este proxecto podedes facelo a través do correo e teléfono que vos poñemos a continuación:
Para inscribirse nos cursos que se realizan en PONTEVIÑO09 so tedes que ir a entrada de inscrición.
Para inscribirse no Wine Meeting CATAS e no Wine Meeting PROFESIONAIS que terá lugar o luns 4 no Hotel Pazo Los Escudos so tedes que ir a entrada de inscrición.
1 comentarios:
Cata de queixos!!! ñan ñan.
Co que me gusta a min o queixo. Magoa de que a esas horas teña que traballar.
Publicar un comentario