
Web: http://www.doriasbaixas.com/Xunta de Galicia: producto de calidade
Orixe e Calidade, o sinal de identidade do D.O Rías Baixas

Na actualidade, a Denominación de Orixe Rías Baixas divídese en 5 subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla, situadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, e conta cunha superficie de 3.650 hectáreas, caracterizadas polo minifundismo propio da zona que se traduce nun total de 20.824 parcelas. A viticultura nesta denominación está caracterizada polo tradicional sistema de condución en emparrado e o moderno de espaleira. Dende a súa constitución este Consello Regulador apostou polas variedades de uva autóctonas como son o Albariño, Loureiro, Treixadura, Caíño, Espadeiro e Sousón, que proporcionan a estes viños unha tipicidade que os converte en diferentes. Os viños amparados polo regulamento deste Consello Regulador son Rías Baixas, Rías Baixas Albariño, Rías Baixas Rosal, Rías Baixas Condado, Rías Baixas Ribeira do Ulla, Rías Baixas Salnés, Rías Baixas Barrica e Rías Baixas Tinto.
O certo é que Robert Parker se fixou nesta denominación de orixe do noroeste de España e, a el tamén se sumaron importantes líderes de opinión a nivel internacional, como o prestixioso crítico Stephen Tanzer, que na revista Wine Cellar distinguiu 22 viños desta denominación puntuándoos por enriba dos 88 puntos. Tamén a revista Wine Spectator, unha das publicacións norteamericanas referentes no mundo do viño, incluíu unha marca de Rías Baixas na súa lista anual cos 100 Mellores Viños do Mundo. Só seis viños españois pasaron a formar parte deste Top 100 en 2008, cuxo resultado se elabora sobre a base da cata de máis de 19.500 viños de todo o mundo. Ademais, un viño desta DO situouse na cuarta posición na "Lista dos 8 deliciosos do ano", que elabora o Wall Street Journal. Finalmente, o New York Times publicaba sobre estes viños o pasado ano: "A constante popularidade do Albariño constitúe un tributo tanto para o atractivo fundamental destes viños brillantes que calman a sede, como para os astutos esforzos de mercadotecnia dos bodegueiros españois, que fixeron do Albariño o viño branco exclusivo da rexión galega de Rías Baixas, no Noroeste de España,".
vese reflectido na presenza destes viños no mercado. Accións como o patrocinio dos Premios da Prensa Internacional ou da National Gallery no Reino Unido; a campaña promocional de Estados Unidos, así como o programa de Educadores do Viño; os seminarios sobre os viños desta denominación de orixe en Suíza; a organización de presentacións dos seus viños pola xeografía española; a presentación da anada, que cada ano que se organiza de forma itinerante; a participación en feiras nacionais e internacionais e nestas últimas coa organización de comidas-maridaxes para prescriptores son só unha mostra da imaxe de viño branco de calidade que teñen os Rías Baixas no exterior.
0 comentarios:
Publicar un comentario