Web: http://www.martincodax.com/
lunes, 30 de marzo de 2009
BODEGAS MARTÍN CÓDAX, S.A.
"MARTÍN CÓDAX" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño. O vindeiro 22 de maio as 18 horas os participantes de Ponteviño Catas realizarán unha visita guiada á súa adega.
Web: http://www.martincodax.com/
Web: http://www.martincodax.com/
Bodegas Martín Códax, atópase situada xunto á histórica cidade de Cambados, en pleno corazón do Val do Salnés, berce do viño Albariño.
O seu nome, Martín Códax, fai referencia ao máis insigne poeta e trobador do medievo galego, o máis antigo de todo o cancionero galaico-portugués do que se conservan cantigas con notación musical orixinal. Ata os nosos días chegaron as súas fermosas composicións nas que se enxalza a amizade, o amor galante e o enmeigo do mar que baña as costas de Galicia.
Abril de 1.985 é a data en que se constitúe a Adega. Desde entón, para facer fronte ao proceso de expansión continua, o crecemento baseouse na selección de novas parcelas de produción en propiedade dos socios, plantación de viñedos propios da Sociedad Anónima e o establecemento de acordos de aprovisionamento a longo prazo con produtores independentes elixidos pola súa calidade de produto.
Pero o desenvolvemento da Compañía non se baseou unicamente na produción. A clave do éxito estivo sustentada na alta cualificación do equipo humano, a aposta pola innovación, os diversos proxectos de investigación e colaboración con Universidades e Institucións Científicas e o decidido enfoque de mercado.
Esta forma de entender o mundo do viño deu como resultado o máis extenso currículo de premios de Galicia e o recoñecemento unánime da crítica internacional.
A aposta pola cultura conformou a súa imaxe de empresa como catalizadora da tradición galega co "Premio de Poesía Martín Códax", o "Grupo de Música Antiga Martín Códax", a edición de música medieval e renacentista, a reconstrución de instrumentos medievais ou o patrocinio de grandes referentes da música tradicional como Milladoiro, Berrogüeto e Carlos Núñez. Martín Códax foi elixido como viño oficial en destacados acontecementos históricos como o " Centenario da Universidade de Santiago", "Ano Xacobeo", "Volta ao Mundo a Vela", etc.
O que se iniciou fai 20 anos como un reto converteuse nunha realidade con presenza en 40 países, situando a Adegas Martín Códax como emblema e punta de lanza dos viños galegos fóra das nosas fronteiras.
Etiquetas:
entidades colaboradoras - formación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario