viernes, 24 de abril de 2009

BODEGAS COTO REDONDO


"COTO REDONDO" é un dos expositores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.


Web: www.bodegas-cotoredondo.com

Bodega Coto Redondo é unha adega diferente, xa que a pesar de estar inmersa nunha denominación de orixe onde prevalecen os viños branco (a de Rías Baixas), fai unha clara aposta polos viños tintos, aos que espera colocar no lugar que lles corresponde no mercado por historia e calidade. Pero a pesar diso, a esta adega de Rubiós (Ás Neves) non se esquecen os brancos, e mostra diso son os premios conseguidos na súa curta existencia, o último e mais importante, o que logrou o Señorío de Rubiós Albariño no pasado mes de agosto: A Medalla de Ouro na LVI Festa do Viño Albariño de Cambados.

No ano 2003, 57 persoas, os primeiros socios, fundaron Bodega Coto Redondo, que actualmente xa conta con 105 socios, que traballan para situar o viño de Rubiós no lugar que sempre lle correspondeu por tradición, historia e calidade dos seus caldo. Así, tras moito esforzo e traballo, nos primeiros meses de 2006 saíron á luz os primeiros viños da adega, que sorprenderon gratamente a moitos padais e que esperan que o sigan facendo nos próximos anos, nos que verán a luz novas propostas desta adega de Rubiós.

A filosofía de traballo de Bodegas Coto Redondo na elaboración dos seus viños baséase nunha mestura entre tradición e modernidade, entre saber facer de moitos anos de experiencia e bo viño e as máis modernas tecnoloxías vitivinícolas. A pesar de aplicar aos seus caldos os últimos avances neste campo, de buscar a innovación para ofrecer aos máis expertos padais os mellores viños, o primordial que buscan é que o viño non perda o sabor de verdade, o natural, o que só transmite unha uva ben traballada, coidada e mimada con esmero polos viticultores, o sabor que levo ao viños desta zona a estar en boca de todo o mundo.

Na actualidade Bodegas Coto Redondo elabora varios tipos de viño, tanto brancos coma tintos, que están a chegar con éxito aos mercados, e o máis importante, que atraen e gustan a todos os padais.

Os seus viños son:
  • Señorío de Rubiós Condado Tinto, é o viño tinto por excelencia da zona elaborado con Sousón, Espadeiro e Caiño.
  • Señorío de Rubiós Condado Blanco, que está feito con treixadura, albariño e Loureiro.
  • Señorío de Rubiós Albariño (albariño 100%).
  • Señorío de Rubiós Sousón, monovarietal Sousón.
  • San Nomedio, monovarietal mencía.
  • Señorío de Rubiós Condado branco en barrica de Carballo francés.
  • Señorío de Rubiós Condado tinto en barrica de Carballo francés.

0 comentarios:

Publicar un comentario