viernes, 17 de abril de 2009

RAÚL PÉREZ PEREIRA

"RÁUL PÉREZ" vai a estar presente no PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. A súa ponencia comezará sobre as 17.30 horas.

Raúl Pérez Pereira estudou enoloxía en Requena e Enxeñería Agrícola en Lugo. Es del Bierzo pero se vino a Galicia en busca del triunfo.

Segundo Todovino.com é probablemente, o mellor representante da nova xeración de enólogos dispostos a abrir outras fronteiras para o viño galego, aínda que sexa a custa de probar, experimentar e estar detrás de máis de 20 viños á vez con producións case irrisorias que van das 300 ás 5.000 botellas.

Con apenas 18 anos, fíxose cargo da adega familiar de Castro Ventosa o seu grande obxectivo foi facer grandes viños coas vellas cepas de Valtuille.

A estrela quizais máis coñecida internacionalmente chámase Pecado pero Raúl Pérez tamén fai o viño Algueira, de Ribeira Sacra. Segue sendo o enólogo de Adegas Estefanía (Tilenus) pero hai xa un tempo que abandonou a adega familiar de Castro Ventosa onde creou a gama Valtuille.

Hoxe, con proxecto en solitario na denominación leonesa, considera que non fai senón continuar esa liña de traballo con outro nome. A súa nova marca é Ultreia, en homenaxe ao saúdo que historicamente se facían os peregrinos do Camiño de Santiago cando se encontraban. Elabora, de momento, dous viños: un máis sinxelo, Ultreia Saint-Jacques e o outro, que rende, como, non homenaxe ao nome do seu pobo, Ultreia de Valtuille. Raúl Pérez defende a sinxeleza á hora de traballar a limitación dos tratamentos en viña e no uso de sulfuroso, pero négase a colgarse a etiqueta biodinámica: "Á cepa -adoita dicir- hai que tratala, máis que cunha normativa, con racionalidade,".

0 comentarios:

Publicar un comentario