viernes, 3 de abril de 2009

METBAR Coffe&Restaurant


"METBAR Coffe&Restaurant" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño09. Nas súas instalacións vai ter lugar o curso de "Coctelería" nos días 27, 28, 29, 30 de Abril e 5, 6, 7, 11, 12, 13 de Maio [de 17 a 20 horas].


Metbar Coffe&Restaurant
Plaza de Compostela 29 Vigo
Tel.: 986 43 15 15 - Teléfono de reservas
Email: reservasvigo@metbar.es
Web: www.metbar.es
Metbar, cuxo nome rende homenaxe ao famoso Museo Metropolitano de Nova York, é un concepto moderno de restauración, un híbrido de café, restaurante e local de copas ao máis puro estilo metropolitano.


Metbar ofrece, sen crear conflito calidade, deseño e atención a bo prezo onde o cliente poida sentirse mimado: cociña non-stop, espazo Wi-fi, purificadores de aire, e música adaptada a cada hora do día, detalles que converten a Metbar nun establecemento de vangarda.

Metbar é un espazo multifuncional e minimalista onde as cores corporativas laranxa e fucsia resaltan sobre o predominante branco creando un flash visual e xerando un ambiente cálido e fresco á vez.

0 comentarios:

Publicar un comentario