jueves, 16 de abril de 2009

IGNACIO ORRIOLS FERNÁNDEZ

"IGNACIO ORRIOLS" vai a estar presente na XORNADA INAUGURAL DE PONTEVIÑO, que se celebrará o Luns 20 de Abril no Hotel NH Palacio de Vigo. A súa ponencia comezará sobre as as 18.15 horas.

Ignacio Orriols Fernández (Monforte 1958) obtivo a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago na especialidade de Analítica.

En 1985 trasladouse a Madrid para realizar estudos de enoloxía e posteriormente incorporouse ao equipo do centro experimental de Leiro onde coordinou as investigacións relacionadas coa elaboración de augardentes que implusó a Consellería de Agricultura nos prolegómenos da posta en maracha do conselo regulador de Augardente de Galicia.

A partir de aí, como bolseiro da Xunta ampliou a súa formación na famosa bisbarra vinícola francesa de Burdeos e en Trentino, no norte de Italia, onde afondou os seus coñecementos sobre destilados coa elaboración das prestixiosas grappas como referente.

Ademais do libro Ás augardentes de bagazo en Galicia, escribiu numerosos artigos relacionados coa vitivinicultura nas diferentes denominacións de orixe galegas.

Actualmente no director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

0 comentarios:

Publicar un comentario