martes, 28 de abril de 2009

PONCELET


"PONCELET" é unha das entidades colaboradoras de Ponteviño09.

O 28 de Abril Francisco Sierra, empleado de Poncelet achegaranos O mundo do queixo e o viño dentro do curso de "Sumiller III" que terá lugar no Pazo los Escudos os días 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de Abril e 5, 6, 7 de Maio.

Web: www.poncelet.es

Poncelet - Punto Selecto - é en Madrid, e tamén en España, un novo concepto de "alimentación especializada", distinguíndose por ser o precursor dun tipo de negocio onde se dá cita o gusto polo mantemento da mellor e máis selecta oferta gastronómica queixeira, e ambientado nun marco moderno que está inspirado no pequeno comercio tradicional.
Tradición, modernidade, innovación e vangarda son os seus sinais de identidade.

En decembro de 2004 abriuse en Madrid a primeira tenda Poncelet, un establecemento especializado en queixos nacionais e europeos. Naceu coa paixón e a vocación de fomentar a gran tradición española na elaboración queixeira e converterse nun escaparate do sector queixeiro español, traballando sobre a base dunha busca permanente da mellor calidade, que se ben lles esixe unha continua selección de elaboradores queixeiros, tamén nos permite o descubrimento de novos valores e talentos.

0 comentarios:

Publicar un comentario