martes, 5 de mayo de 2009

VIGOGASTRONÓMICO - 2 MAIO - CURSO COCIÑA CREATIVA - MEXILLÓNS E AMEIXAS EN ESCABECHE...


A RECEITA DE HOXE


Mexillóns e ameixas en escabeche tradicional con caldo de algas
por FEPROHOS - Federación Provincial de Empresarios de Hostelería - 02/05/2009
Antonio Botana, de Pandemonium, para curso de cociña creativa. Ponteviño 09

Ingredientes:
  • 500 grs. Mexillóns
  • 500 grs. Ameixas
  • 2 culleradas de Pementón da Vera
  • Aceite de Oliva
  • Vinagre de Sidra
  • 2 kgs de tomates
  • Un manoxo de Albahaca
  • pan duro
  • 1 botella de Rías Baixas cen por cen albariño
Paso 1:
Abrir os mexillóns e as ameixas mergullando a espumadeira en auga fervendo agardando a que abran.

Paso 2:
Separar as cunchas das viandas.

Paso 3:
Preparar o escabeche con aceite de oliva, vinagre de sidra, xuliana de cebola e allo e loureiro. Pochar no aceite e logo engadir a mesma cantidade de vinagre de sidra e de albariño (antes reducilo para evitar o alcohol). Engadir o pementón da Vera.

Paso 4:
A continuación preparar o caldo de algas deshidratadas. Para isto empregamos o caldo de agua de abrir os mexillóns e as ameixas.

Paso 5:
Mesturar un manoxo de leituga de mar seca e de Combo para infusionalo durante unha hora. Coar para obter un caldo limpo que se espesa con chisco de goma Santana.

Paso 6:
Montaxe: sacar o marisco do escabeche.

Paso 7:
No prato se lle engade o caldo de algas.

Se queredes ver a noticia con tódalas fotografías só tedes que facer clic aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario