Antonio Botana, de Pandemonium, para curso de cociña creativa. Ponteviño 09
Ingredientes:
- 1 rodaballo de un quilogramo
- 1 ramallo de espinacas frescas
- ½ de tomates maduro s
- 1 ramallo de tomiño
- 1 mazá verde
Paso 1:
Desespiñar o rodaballo. Metelo nunha bolsa de baleiro con aceite de oliva a 65 grados durante 10 minutos.
Paso 2:
Guarnición cocer as espinacas ao dente cun pouquiño de unto e sal. Cun fervor é suficiente.
Pasar o rodaballo pola prancha do lado da pel.
Paso 3:
Vinagreta: Tres partes de aceite por unha de vinagre, unha parte de viño de Valedoras reducido
Paso 4:
Xunto con tomate moi picado, mazá en dados pequenos e o ramallo de tomiño picado tamén na vinagreta.
Paso 5:
No momento de montar o plato, dar un golpe de calor que pode ser de vapor.
Dar un golpe de forno a vinagreta de 200º, durante 5 minutos.
Paso 6:
Montaxe do prato
Coas espinacas quentes, o rodaballo por riba tras pasalo pola prancha
Paso 7:
Rematar salseando coa vinagreta.
Para vela noticia con tódolas fotos clic aquí.
0 comentarios:
Publicar un comentario