Mostrando entradas con la etiqueta entidades colaboradoras - wine meeting. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entidades colaboradoras - wine meeting. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2009

C.R.D.O. BIERZO

0 comentarios

"BIERZO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. Pola tarde terá lugar unha cata a cegas destes viños.

Web: www.crdobierzo.es

A HISTORIA
Xa hai uns 2.000 anos, as citas de Plinio el Viejo e Estrabón refírense á existencia de viñedos na actual bisbarra do Bierzo, que orixinariamente é o derivado da cidade prerromana Bergidum. Non obstante, a maior expansión de viñedo no Bierzo, estivo vinculada ao desenvolvemento dos mosteiros medievais, sobre todo os cistercienses, por ser o viño, por unha parte, elemento esencial para o culto e porque ademais, era considerado básico para a súa alimentación.
Tras séculos de produción e despois de conseguir certo renome en mercados de Galicia e Asturias, os viños do Bierzo sufriron un golpe terrible a finais do século XIX, cando unha praga de filoxera acabou practicamente coas vides, provocando unha forte crise económica que provocou, mesmo a emigración de gran número de persoas.
A produción restableceuse durante a primeira metade do século XX, grazas aos enxertos realizados con vides americanas, e o viño recuperou o importante papel que tivera na economía da zona. Na época dos sesenta xurdiu un fenómeno novo, o movemento cooperativo, que xogaría dende entón e segue xogando na actualidade un papel moi importante na produción duns viños cuxa calidade se viu plenamente recoñecida en 1.989, cando o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concedía a Denominación de Orixe aos viños do Bierzo.


SITUACIÓN XEOGRÁFICA
Situada ao Noroeste da Provincia de León. Con 2.954,28 km2, El Bierzo cobre o 18% da superficie Provincial. Xeograficamente limita coas provincias de Ourense, Lugo, Asturias, e coas seguintes zonas leonesas: A Montaña (Murias de Paredes e Laciana), La Cabrera e a Meseta, sendo polo tanto unha zona de transición entre Galicia, León e Asturias.
A zona de produción dos viños amparados por esta Denominación de Orixe está constituída polos terreos situados nos termos municipais que o Consello Regulador considera aptos para a produción de uva; Na provincia de León: Arganza, Bembibre, Borrenes, Cabanas Raras, Cacabelos, Camponaraya, Carracedelo, Carucedo, Castropodame, Congosto, Corullón, Cubillos del Sil, Fresnedo, Molinaseca, Noceda, Ponferrada, Priaranza, Ponte Domingo Flórez, Sancedo, Veiga de Espinareda, Villadecanes, Toral de los Vados e Villafranca del Bierzo.
O Bierzo é un conxunto de pequenos vales na zona montañesa e unha ampla e chaira depresión, o baixo Bierzo, que van configurar os tipos de cultivo.

VARIEDADES AUTORIZADAS
MENCIA: Variedade considerada como principal nesta Denominación, ocupa o 65% da uva que se cultiva Nel bierzo.
GARNACHA TINTUREIRA: Tintureira, Alicante Bouchet.
GODELLO: Variedade branca
DONA BRANCA: Variedade branca
POMBO: Variedade branca, tamén denominada Xerez, Listan.
MALVASIA: Variedade branca de maduración temperá
CARACTERÍSTICAS ORGANOLÉPTICAS DOS VIÑOS.
  • VIÑOS BRANCOS
Fase Visual.
Cores claras con reflexos amarelo palloso sobre todo se figura a variedade Godello, facéndose máis amplo se entra en maior proporción a Dona Branca.
Fase Olfactiva.
Aromas primarios intensos, con carácter marcadamente froiteiro: mazá golden e froitas maduras dependendo da variedade, mantendo un toque herbáceo en certos viños. Aromas secundarios delicados e longos de carácter alcohólico.
Fase Gustativa.
Debido á mestura de variedades que interveñen para achegar calidades ao equilibrio final, a fase gustativa é completa en sensacións, apreciando tons doce con acidez viva e postgusto longo satisfactorio. Variedades como Dona Branca e Malvasía achegan características de padal e corpo.
  • VIÑOS ROSADOS
Fase Visual.
Gama de cores dende o rosa pálido ao rosa amorodo.
Fase Olfactiva.
Aromas primarios que recordan a variedade Mencía: Intensidade media, finos e de carácter afrutado, amorodo, framboesa e tons doce a froitas maduras se a mestura é con viños brancos.
Fase Gustativa.
Suaves e cálidos, de constitución plena con postgusto froiteiro.
  • VIÑOS TINTOS DO ANO
Fase Visual.
Vermello guinda con importantes matices violáceos en capa fina que nos descobre a súa xuventude.
Fase Olfactiva.
Expresión aromática intensa que remata en froitos silvestres: amoras, framboesas, amorodos. Francos en nariz apreciándose tamén matices metálicos e de lousa húmida, característicos da variedade Mencía.
Fase Gustativa.
Suaves en ataque en boca, paso elegante, untuoso e aveludo, equilibrados en taninos e acidez. Retrogusto persistente da variedade.
  • VIÑOS DE CRIANZA E RESERVA
Fase Visual.
Ampla gama dende o vermello guinda ao vermello tella. Bágoa potente e fina.
Fase Olfactiva.
Recordos de aromas primarios da variedade Mencía, evolucionados a froitas pasas (figos pasos, ameixas, etc.).
Toque de madeira fino e delicado, tabaco, froitos secos, regalicia e aromas especiados.
Fase Gustativa.
Paso amplo e aveludo. Sabores delicados a madeira, vainilla, froitas doce, pasas, con postgusto potente e marcadamente alcohólico.

jueves, 23 de abril de 2009

C.R.D.O. "RIBEIRO"

0 comentarios

"RIBEIRO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. Pola mañá terá lugar unha cata a cegas destes viños.


Web: www.ribeiro.es

Xunta de Galicia: producto de calidade

Creación
Recoñecida a denominación de orixe (DO) polo “Estatuto del Vino” en 1932. Posteriormente crease o Consello Regulador mediante Orde do 6 de decembro de 1956, sendo aprobado o primeiro Regulamento da DO Ribeiro e do seu consello regulador por Orde do 31 de xullo de 1957, do Ministerio de Agricultura (BOE 5.09.1957).

Zona amparada pola DO Ribeiro
A zona amparada para a produción de viño con denominación de orixe Ribeiro localízase ao oeste da provincia de Ourense, nos concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e Varón do concello de O Carballiño; as parroquias de Pazos, Albarellos, Laxas, Cameixas e Moldes do concello de Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes do concello de Ourense; os lugares de Puga, Igrexa de Puga, Olivar, as vilas de Feá, Celeiro e a parroquia de Alongos do concello de Toén; o lugar de Touza do concello de San Amaro.


Variedades de uva e tipos de viños da DO Ribeiro
A elaboración de viños protexidos farase exclusivamente con uvas das variedades seguintes:
  • Viños brancos: Treixadura, Jeréz, Torrontés, Godello, Macabeo, Albilla, Loureira e Albariño.
  • Viños tintos: Caiño, Garnacha, Ferrón, Sousón, Mencía, Tempranillo e Brancellao.
  • Viños tostados brancos: Treixadura, Loureira, Torrontés, Godello e Albariño.
  • Viños tostados tintos: Caiño, Ferrón, Sousón, Brancellao e Mencía.

miércoles, 15 de abril de 2009

C.R.I.X.P. "TERNERA GALLEGA"

0 comentarios

"TERNERA GALLEGA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Consejo Regulador de la Indicación Geográfica Protegida Ternera Gallega
Recinto Ferial. Amio
15891 Santiago de Compostela
Tel: 981 57 57 86
Fax: 981 57 48 95
Correo electrónico: consejo@terneragallega.com
Web: www.terneragallega.com

Xunta de Galicia: producto de calidade

INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA TERNERA GALLEGA

En Galicia hai máis de 3.700 anos que se produce carne de vacún. As condicións orográficas e climáticas fan desta terra unha das mellores zonas de Europa para o desenvolvemento da especie bovina. As razas e aptitudes do gando, así como os sistemas de explotación e os cultivos, deron lugar a un modo común e peculiar de entender a produción de carne de calidade.

Tenreira Galega nace no ano 1989 e é recoñecida como Indicación Xeográfica Protexida en 1996, sendo unha das primeiras carnes de vacún con control integral e certificado de garantía en Europa.
A carne comercializada baixo o amparo da IGP Ternera Gallega é exclusivamente de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia, que proceden de razas autóctonas e os seus cruzamentos e que superaron un rigoroso programa de control que abarca dende o seu nacemento, crianza, alimentación, transporte e sacrificio, ata a presentación da carne no punto de venda.
Tenreira Galega ampara e certifica dúas categorías principais: Tenreira Galega Suprema, que é a carne que procede de animais criados en explotacións con vacas nai e nos que a base da súa alimentación é o leite materno, e Ternera Gallega, na que a súa alimentación se basea en forraxes e concentrados autorizados polo Consello Regulador. Todos os animais de categoría tenreira se sacrifican con menos de dez meses de vida. A carne caracterízase por ter unha cor que vai do rosa claro ao vermello suave, con graxa de cor branca nacarada. Presenta un músculo de gran fino e consistencia firme. A súa textura é suave, ten un intenso e agradábel sabor, cunha extraordinaria terneza e jugosidad.

miércoles, 1 de abril de 2009

DISGOBE S.A.

0 comentarios
"DISGOBE" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.


Web: www.disgobe.es

Disgobe S.A., empresa de distribución de bebidas, fundada no ano 1975. Dende entón o seu obxectivo principal é conseguir o máis alto nivel na calidade dos seus produtos e servizos, para chegar a todolos seus clientes, dende o máis pequeno ata o máis importante establecemento ou superficie comercial da provincia de Pontevedra.


Fontecelta, a través de Disgobe, colabora no Wine Meeting suministrando toda a auga que se vai utilizar neste evento.

Web: www.fontecelta.com

O manancial de Fontecelta, situado nas proximidades de Célticos no Concello de Sarria, é declarado de utilidade pública por Real Decreto o 21 de xuño de 1903.

lunes, 30 de marzo de 2009

C.R.D.O. " RIAS BAIXAS"

0 comentarios

"RIAS BAIXAS" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos. De 15:30 a 16:30 terá lugar unha cata de viños brancos Albariños.
Web: http://www.doriasbaixas.com/

Xunta de Galicia: producto de calidade


Orixe e Calidade, o sinal de identidade do D.O Rías Baixas

O sector vitivinícola adquiriu nas últimas décadas un peso fundamental no desenvolvemento da economía das Rías Baixas galegas. Coñecidos en todo o mundo como albariños, a calidade e orixe dos viños desta rexión están amparados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Estes viños proceden das paraxes das Rías Baixas galegas, de clima suave e verdor permanente, que mesturan litorais bañados polas augas do Atlántico e vales acariciados por mansos ríos. Son viños con historia, cheos de tradición, que se elaboran a partir de variedades de uva autóctonas, destacando sobre todas elas a albariño. A traxectoria desta Denominación de Orixe converteuna nunha das maiores de España en canto a número de viticultores, con 6.582, e adegas, 204.

Na actualidade, a Denominación de Orixe Rías Baixas divídese en 5 subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla, situadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, e conta cunha superficie de 3.650 hectáreas, caracterizadas polo minifundismo propio da zona que se traduce nun total de 20.824 parcelas. A viticultura nesta denominación está caracterizada polo tradicional sistema de condución en emparrado e o moderno de espaleira. Dende a súa constitución este Consello Regulador apostou polas variedades de uva autóctonas como son o Albariño, Loureiro, Treixadura, Caíño, Espadeiro e Sousón, que proporcionan a estes viños unha tipicidade que os converte en diferentes. Os viños amparados polo regulamento deste Consello Regulador son Rías Baixas, Rías Baixas Albariño, Rías Baixas Rosal, Rías Baixas Condado, Rías Baixas Ribeira do Ulla, Rías Baixas Salnés, Rías Baixas Barrica e Rías Baixas Tinto.

O reto por elaborar os mellores viños converteu aos Rías Baixas nun símbolo de calidade e orixe. A súa consolidación nos mercados nacional e internacional foi froito do esforzo e cohesión dun sector novo e dinámico. A iso hai que engadirlle os numerosos premios e recoñecementos recollidos polas diferentes marcas de Rías Baixas durante os últimos anos.

O certo é que Robert Parker se fixou nesta denominación de orixe do noroeste de España e, a el tamén se sumaron importantes líderes de opinión a nivel internacional, como o prestixioso crítico Stephen Tanzer, que na revista Wine Cellar distinguiu 22 viños desta denominación puntuándoos por enriba dos 88 puntos. Tamén a revista Wine Spectator, unha das publicacións norteamericanas referentes no mundo do viño, incluíu unha marca de Rías Baixas na súa lista anual cos 100 Mellores Viños do Mundo. Só seis viños españois pasaron a formar parte deste Top 100 en 2008, cuxo resultado se elabora sobre a base da cata de máis de 19.500 viños de todo o mundo. Ademais, un viño desta DO situouse na cuarta posición na "Lista dos 8 deliciosos do ano", que elabora o Wall Street Journal. Finalmente, o New York Times publicaba sobre estes viños o pasado ano: "A constante popularidade do Albariño constitúe un tributo tanto para o atractivo fundamental destes viños brillantes que calman a sede, como para os astutos esforzos de mercadotecnia dos bodegueiros españois, que fixeron do Albariño o viño branco exclusivo da rexión galega de Rías Baixas, no Noroeste de España,".

O esforzo promocional realizado, tanto dende este Consello Regulador coma dende as diferentes adegas, vese reflectido na presenza destes viños no mercado. Accións como o patrocinio dos Premios da Prensa Internacional ou da National Gallery no Reino Unido; a campaña promocional de Estados Unidos, así como o programa de Educadores do Viño; os seminarios sobre os viños desta denominación de orixe en Suíza; a organización de presentacións dos seus viños pola xeografía española; a presentación da anada, que cada ano que se organiza de forma itinerante; a participación en feiras nacionais e internacionais e nestas últimas coa organización de comidas-maridaxes para prescriptores son só unha mostra da imaxe de viño branco de calidade que teñen os Rías Baixas no exterior.

miércoles, 25 de marzo de 2009

C.R.I.X.P. "LACÓN GALLEGO"

0 comentarios

"LACÓN GALLEGO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: www.crlacongallego.com

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A I.X.P. “Lacón Gallego” protexe as extremidades dianteiras do gando porcino, tradicionalmente designadas con este nome, unha vez curadas.
Os lacóns protexibles procederán de porcos das razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e os seus cruzamentos entre si. Acéptase o cruzamento coas razas Branca Belga e Pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha proporción inferior ó 25%.

Orixe. Tanto a zona de produción como a de elaboración, abranguen toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

miércoles, 18 de marzo de 2009

REVISTA BAR&BEER

0 comentarios

"BAR&BEER" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 18:30 a 19:30 horas terá lugar unha cata de cervexas.

Bar&Beer é unha publicación bimensual sobre o mundo da cervexa.
Os amantes deste producto non podedes deixar de visitar a súa web www.bar-beer.com.
A seguinte imaxen corresponde coa portada da última revista.

C.R.D.O.P. "SAN SIMÓN DA COSTA"

0 comentarios

"SAN SIMÓN DA COSTA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.


Web: http://www.sansimondacosta.com/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona e dos seus cruzamentos

Orixe. A zona de produción, tanto do leite como do queixo, atópase na provincia de Lugo e está constituída pola comarca da Terra Chá, que engloba os concellos de: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

C.R.D.O.P. "QUEIXO TETILLA"

0 comentarios

"QUEIXO TETILLA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.
Web: http://www.queixotetilla.org/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas rubia galega, frisona e pardo alpina.

Orixe. Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo Tetilla abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.

C.R.D.O.P. "CEBREIRO"

0 comentarios

"CEBREIRO" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.


Web: http://www.cebreiro.es/

Xunta de Galicia: producto de calidade

Produto protexido. A D.O.P. “Cebreiro” ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona ou dos seus cruzamentos

Orixe. A área de produción, tanto do leite como do queixo, está situada na provincia de Lugo, na zona de entrada a Galiza pola principal ruta de peregrinación a Compostela, o Camiño francés. Abrangue os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela

C.R.D.O.P. "ARZÚA-ULLOA"

0 comentarios
"ARZÚA-ULLOA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.
De 12 a 13 horas terá lugar unha cata de queixos.

Xunta de Galicia: producto de calidade.

Produto protexido. O queixo amparado pola D.O. Arzúa-Ulloa elabórase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas rubia galega, frisona, pardo-alpina e os seus cruzamentos.

Orixe. A zona de produción tanto do leite como dos queixos comprende os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada, máis outros limítrofes de xeito que a área delimitada se sitúa no corazón de Galiza.


Tódalas imaxes son propiedade do Consello Regulador Arzúa-Ulloa

C.R.I.X.P. "PAN DE CEA"

0 comentarios

O "O PAN DE CEA" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.

Web: http://www.pandecea.org/

Xunta de Galicia: producto de calidade.

Produto protexido. A protección outorgada pola I.X.P. “Pan de Cea” corresponde á produción de pan elaborado no ámbito da zona protexida, nas instalacións inscritas no rexistro do consello regulador, empregando como materias primas exclusivamente fariña de trigo, auga, sal e fermento, debendo elaborarse segundo o proceso tradicional en fornos que reúnan as características típicas e específicas dos da zona.

Orixe. A zona de elaboración do pan amparado pola I.X.P. “Pan de Cea” é a que abrangue o termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense.Neste concello vense elaborando dende tempos moi remotos un pan dunha excepcional calidade, grazas á cal atinxiu unha notoriedade que transcendeu, con moito, das fronteiras da comarca en que se sitúa.

viernes, 13 de marzo de 2009

EL RINCÓN DEL ACEITE

0 comentarios
O "EL RINCÓN DEL ACEITE" é unha das entidades colaboradores do PONTEVIÑO WINE MEETING, que se celebrará o Luns 4 de Maio no Hotel Pazo Los Escudos.


Web: www.elrincondelaceite.com

El Rincón del Aceite, un lugar para dar renda solta aos sentidos.

Un lugar onde o tradicional e o novidoso se unen para dar vida a un proxecto apaixonante, onde o aceite de oliva é o gran protagonista.

Non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de ser o teu guía no mundo do Sabor.